LAMUÑO REBEL ACT
Era o día de Noiteboa, que é cando adoitan suceder estas historias reais como a vida mesma e que nunca esqueces por moito tempo que pase.
Aquela tarde estaba a preparar a cea de Noiteboa para os peregrinos cando apareceu a miña amiga e voluntaria para todo, Mariña Saiz de Burgos. Viña acompañada dun peregrino que se atopou de camiño ao albergue e que ao primeiro golpe de vista parecía un peregrino peculiar.
Era un home de mediana estatura, cun flamante bigote ao estilo «Iñigo» anos '80, delgado, ben vestido, tal vez, demasiado impoluto para ser peregrino. As súas botas relucían e isto chamoume moito a atención, pero non quixen darlle importancia xa que tamén hai obsesivos compulsivos da limpeza.
Como xa imaxinades o uso dun albergue de peregrinos é exclusivo para peregrinos e non sería a primeira vez, sobre todo no verán, que aparece alguén coa súa maleta con rodas pedindo aloxamento.
O home en cuestión dixo chamarse José Manuel Jimenez Lamuño, recalcouno, coma se quixese que retivese o seu nome, e que era de Xixón. Nada que se saíse do guión, pensei. Todo normal, con todo, a historia que me contou despois , era como sacada dunha novela negra, propia do mismísimo Hitchcock ou Poe.
Despois de cear e cos argumentos previos que me achegou a boa de Mariña, quixen saber de propia voz, todo sobre este «personaxe» Así que cando quedamos a soas, interrogueille acerca da súa vida. Mal pola miña banda.
Contoume que estando a súa esposa, os seus sogros e as súas dúas fillas de viaxe, pararan nun cafetería dunha gasolineira para comer algo, cando un condutor ebrio encaixouse co seu camión contra a cafetería matando a toda a súa familia.
Seguiu contándome que como lles prometera á súa familia facer o Camiño de Santiago e que como non puidera cumprir coa súa promesa , pois decidira peregrinar dende Roma a Santiago e alí estaba comigo na cea de Noiteboa. Ensinoume recortes de prensa onde se lle vía entrevistandose co Papa e onde se falaba do seu peregrinar, da desgraza da súa familia, con fotos e outros recortes de prensa.
Continuou co seu relato explicando que chegara a Santiago e que continuou camiñando de volta ata enlazar co Camiño do Norte que lle levaría a Xixón, pero que como eran o seu primeiro nadal sen a súa familia, decidiu seguir camiñando e camiñando ata que chegou a este albergue.
Contoume que fora mineiro nas minas asturianas de carbón e que estaba afectado de silicose de segundo grao, algo que parecía evidente, a xulgar pola tose que tiña.
Quedei sobrecollido coa historia deste peregrino..
Aquela noiteboa converteuse nunha noitemala para min, case non
puiden pegar ollo, pensando en todas as cousas polas que pasara esta
alma en pena.
Pasaron varios días e aínda seguía dándome
voltas pola cabeza, onde estaría aquel peregrino, que sería del,
suicidouse, estaría ben? Foi unha autentica pesadelo, unha tortura
psicolóxica que durou varios dias, quizas semanas. Son estas
historias conmovedoras que che deixan pegada. Que che marcan. Ata que
un bo día esquécelas e continúas coa túa vida diaria. Ainda que
sempre están ahí para revivilas en calquer momento.
Pasaron uns anos cando recibín un email da boa de Mariña de Burgos onde me dicía:
Sergio, lembras a aquel asturiano que se lle morreu toda a familia nun accidente ?
vaia se me lembro!!!,. Respondín.
Pois teño que dicirche que todo era falso. Era todo unha mentira. O home ía contando esa historia por todos os albergues coa intención de dar pena e así ter un trato condescendiente de favor cara á súa persoa e subsistir a conta de contar esa historia, unha e outra vez. Un guión adaptado a súa vida.
Case non mo podía crer, quedei de pedra. Sentín un cabreo enorme., rabia e non sei cantas cousas mais.
Como pode haber persoas así xogando cos sentimentos dos demais?
Por
mor da publicación desta historia nas redes sociais, unha das súas
fillas, a autentica filla, púxose en contacto comigo para dicirme
que lera o meu relato e que o que eu escribira era completamente
certo. Todo o que eu dicía era verdade e a historia do seu pai era
un engano.
Un bo día ao seu pai déuselle por irse de casa e
facer súa unha triste noticia que sucedeu en realidade, pero que non
era a súa familia. Toda a súa familia estaba viva, grazas a
deus.!!!
A pobre rapaza sentíase mal e algo avergoñada de
que o seu pai désea por morta e que con esa horrible historia
enganase a persoas que como eu crémosllo a «pés xuntos» e nos
desvivimos en preocupacións por atender as necesidades dunha persoa
nestas circunstancias.
Hai
quen vive o camiño, quen vive do camiño e quen vive no camiño.
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2003/08/23/amor-me-ayuda-seguir-santiago-me-importa/0003_1931421.htm