O CAMIÑO DUN VANDERGERSELLEN
Era un triste día de inverno, un día de néboa. De
lonxe puiden distinguir entre a bruma, a silueta dun xinete, a súa
montura e un can. Os tres avanzando lento pero con paso firme cara ao
albergue. Era como estar vendo a película " Desperado" de
Antonio Banderas con esas imáxenes a cámara lenta.
A medida
que se achegaban observei a vestimenta que portaba este mozo, o
arqueadas que tiña as pernas e o porte esvelto daquel cabalo. Por
sorte para eles, naquela época o albergue estaba situado no centro
dun parque, un lugar ideal para levar o teu equino
Cada vez que miraba a aquel peregrino máis gracioso parecíame o seu aspecto. As súas roupas lembrábanme ao traxe típico folclórico galego ou portugués. Era peculiar, coma un gaiteiro. Negro sobre branco. Chapeu negro. Camisa branca sen pescozo, chaleco negro e chaqueta curta, negra, con orlas, moitos petos e grandes botóns nas mangas, ambos de pana. O pantalón era como aqueles de os anos 70, cinguidos nas coxas e acampanados ao final.
En verdade, tíñame completamente desconcertado a orixe deste peregrino. Era o primeiro que vía con ese traxe e encheume de curiosidade. Sempre me gusta adiviñar cousas da xente, observando as súas caras, os seus xestos e as súas roupas. A base de practicar, como todo na vida, chegas a ter certa destreza adiviñando cousas como o seu oficio, a orixen, o estado civil, etc, neste caso, en descifrar a orixe das persoas, pero con este home, salvo o idioma que desvelou a súa orixe xermana non acertaba a relacionar o do traxe.
O primeiro que fixo este mozo foi atender ao seu cabalo. Libérouno de todo peso e dun saco de penso que portaba nas súas alforxas, deu alimento a aquel precioso cabaliño de longa melena. Despois deu de beber ao seu can. Logo sacou un cepillo e mentres charlabamos cepillou a longa e brillante melena do seu pony. Era de patas curtas pero robustas, como o Asturcón, un pequeno cabalo asturiano de montaña moi forte de pata.
Despois de saber que viñan andando ou cabalgando mellor dito desde Alemaña comprendín porque tiña as pernas arqueadas como Lucky Luke, pero seguía sen saber porque ía vestido desa guisa.
Como sempre, gústame deixar as preguntas para despois de xantar ou cear. Cando un peregrino ten saciadas as súas necesidades é cando podes establecer unha conversa que neste caso virou ao redor da súa persoa, as súas aventuras, o seu cabalo, o seu can e como non, o seu traxe. Eu non me ía para a cama sen saber máis sobre o seu traxe.
A verdade é que me sorprendeu saber o seu significado . En Alemaña ser carpinteiro é máis que unha profesión. Era o traxe típico dun carpinteiro alemán. A súa vestimenta era rechamante e por onde pasaba non deixaba indiferente a ninguen.
Asócianse para manter unidos aos do gremio. Os compartimentos das súas chaquetas e pantalóns son para levar as ferramentas.
Son coñecidos como wandergesellen, ou traballadores itinerantes que despois de rematar a súa capacitación en diversos oficios, viaxan para acumular experiencia desempeñando o seu oficio a cambio de comida, e aloxamento e o noso querido peregrino era un wandergesellen e mira ti por onde , o albergue era unha cabana de madeira que precisaba algúns axustes.
Aquela noite o home estaba preocupado por se lle roubaban o cabalo polo que decidimos atalo xunto á xanela que daba á súa cama. Cando se foi pola mañá vin como a súa figura desvanecíase entre a néboa coas súas pernas arqueadas. Un trio singular.
Autor:
Sergio Ribeiro
+34
633 50 40 21