O CASO DE CLARA KOTAKE

Foto real cas amigas de Clara Kotake e a bandeira de Brasil colgada por ela mesma un ano antes
Foto real cas amigas de Clara Kotake e a bandeira de Brasil colgada por ela mesma un ano antes


Brasil é un extenso país, tanto que alberga por cousas do destiño, a maior comunidade xaponesa fora de Xapón. Nipo- brasileiros de sexta xeración concentrados na cidade de Sao Paulo, a cidade máis rica de Brasil.

Brasil é o país suramericano que máis peregrinos achega de toda América, debido a dúas razóns importantes: A relixión católica e Paulo Coelho que co seu libro «Diario dun mago» enganchou cos seus periplos peregrinos a centos, quizais miles dos seus paisanos.

En calquera albergue hai unha recensión dun peregrino brasileiro, unha bandeira de Brasil ou calquera outro artigo de publicidade que represente a Brasil. Os brasileiros aman a súa terra, aman a súa bandeira e lévana alá onde van. Ordem e progresso

Clara Kotake era unha peregrina da sexta xeración, vivía en Sao Paulo, Clara Kotake era de orixe xapones e como non, levaba a súa bandeira de Brasil. Porque Clara só falaba portugués.

O carácter brasileiro é moi aberto, alegre, salvo excepcións que tamén as coñecín, pero estas últimas quedan para outra historia. Clara era unha muller valente, decidida e amiga das súas amigas e aínda que era brasileira de pura cepa, non tiña os xenes brasileiros de mais samba e menos traballar.

Aquel día de San Xóan había moita concorrencia no albergue e iso deixa pouco tempo para establecer relacións ou coñecer a alguén que trae unha historia marabillosa, con todo, Clara destacaba entre os demais, sen dubidalo para min o que destacaba nela era ver a unha xaponesa falando en portugués brasileiro-

Enseguida conectamos. Gústame involucrar aos peregrinos nos preparativos da cea, é a mellor maneira de que che conten as súas historias, un xeito de confraternizar. Para min é o mellor momento do día, uns cuantos peregrinos de diferentes partes do mundo preparando a cea ao redor dunha mesa, uns cortando cebola, outros cenouras, outros pelando patacas , allos, tomates e mentres todo iso sucede, compartido viño, experiencias, risas. Son momentos inesquecibles.

A Clara víala animada, activa, participativa, con ganas de facer cousas, amigos, ganas de falar. Enseguida xa eramos un grupo organizado nunha tarefa común, preparar a cea, algo tan trivial pero que realmente une ás persoas. As mesas sempre tiveron esta función, a de unir ás persoas.

Durante toda a tarde falamos e falamos, falamos de moitas cousas, sempre me gusta saber cousas peculiares dos países, como a gastronomía, os costumes, o folclore, etc. Por ela decateime de que Sao Paulo era a cidade do mundo que congregaba o maior número de xaponeses fóra de Xapón, que Sao Paulo era unha cidade moi chuviosa pero a máis rica do país.

Nun momento dado da tarde Clara díxome.- Sergio, para o ano que vén vou volver con dúas amigas de Sao Paulo. Facer o Camiño é unha experiencia marabillosa e quero que as miñas amigas poidan sentir e vivir o que eu estou sentindo.

Na despedida Clara regaloume unha bandeira de Brasil cunha lenda escrita da súa propia man e tamén cubriu unha páxina enteira no libro de visitas do albergue.

Xa pasara un ano daquilo e un bo día dúas peregrinas brasileiras que estaban no albergue, cóntanme que ían vir cunha amiga que non puido realizar a viaxe.

Pregunteilles como se chamaba a súa amiga e respondéronme con cara compunxida que se chamaba Clara Kotake. Como di vostede? Clara Kotake? que casualidade tan grande.- Exclamei.

Clara estivo aquí o ano pasado e aseguroume que viría con dúas amigas. Pois si, e somos nós. Clara desgraciadamente faleceu, un cancro varreuna en seis meses e como xa tiñamos todo previsto para vir con ela, pois aquí estamos nos.

Inmediatamente fun ao libro de visitas e busquei aquelas palabras que deixara escritas Clara. Atopeinas e ensínellas e ensineilles a bandeira de Brasil que aínda seguía no mesmo sitio onde ela colocouna e entre saloucos baixamos a mirada como buscando o seu recordo.

Cando vin a data na que Clara escribira aquelas palabras quedei sorprendido ao comprobar que as súas amigas chegaran o mesmo día pero un ano despois ao mesmo albergue sen elas saber que Clara estivera alí.

Indagando na rede, só puiden atopar a demanda xudicial que a súa irmá Nair Kotake presentou contra a compañía de seguros AGF por negarse a pagar como indemnización do seu seguro de vida por importe de 70.000 reais ou o que é o mesmo 16.000 euros.

Sentenza xudicial