O PEQUENO RUISEÑOR

O día que entrei en directo con Manolo Ferrera e a árbore ao fondo
O día que entrei en directo con Manolo Ferrera e a árbore ao fondo

Sempre souben que tiña moi boa química co animais pero tanta, tanta, non ma esperaba. Cada día poñía música a través do meu radio online que bo traballo custoume poñela a funcionar, sempre pensando nos peregrinos. Cando non poñía música, cantaba ou asubiaba. O que canta o seu mal espanta.

Desde a xanela da cociña podía ver o parque, as árbores, a herba e como chegaban os peregrinos ou aqueles que pasaban de longo cara ao seguinte albergue, tamén a aqueles que ían en dirección contraria, aos lugareños que facían deporte e estiramentos antes de correr polo parque e aos xubilados que se reunían a charlar tomando o sol nas frías mañás de inverno.

Un día mentres preparaba unha tortilla española, coa súa cebola, o seu pemento, púxenme a asubiar aquela canción de Billy Swan » I can help» que tanto me gustaba e de súpeto desde unha árbore próxima á miña xanela percibín un trino diferente ao doutros paxaros, distinguíase, facíase notar e ata daba a impresión de que respondía os meus asubíos. Estabamos sintonizados. Sorrín sen mirar, só escoitando.

Ao día seguinte repetín a operación, púxenme a asubiar no mesmo sitio e sobre a mesma hora, pero esta vez estiven á espreita e ao intre vín chegar a un pequeno paxaro que se pousou sobre unha ponla e que rapidamente respondeu os meus asubíos. Seguiamos en sintonía.

Ao terceiro día repetín a mesma operación pero esta vez boteille unhas faragullas de pan no chan que rapidamente desapareceron no seu pico. Xa había química.

Ao día seguinte estaba a señora da limpeza que era romanesa, muller relixiosa e con moita supersticións, e díxenlle: Vas ver unha cousa sorprendente. Vou chamar a un paxariño e vas observar como come da miña man. No fondo de min sabía ía saír ben. Estaba convencido. Había química entre nós.

Salín ao xardín mentres ela quedou observando escondida detrás da porta. Chamei ao meu paxariño e él apareceu. Despois lentamente baixei a miña man chea de faragullas de pan a nivel de chan. O meu pequeno amigo descendeu dun grácil salto, despois con saltitos curtos, foise achegando á miña man con total confianza, colleu unha faragulla de pan, subiuse á árbore e púxose a trinar.

A señora da limpeza non saía do seu asombro. Eu tampouco. Non facía máis que repetir palabras en romanés que eu non entendía, achegóuseme e díxome: Ti tes algo máxico, tes un don. Non sei o que é pero vino cos meus ollos. É incrible.

Pasou un tempo e casualmente Manolo Ferrera de RNE rodou un programa en directo con Nieves Herrera sobre o Camiño e entrevistáronme. Preguntáronme por Manuel Fraga e non quixen responder, conteilles a historia do meu paxaro.

Despois de eso, un día un peregrino deume unha estampita de San Francisco de Asís e cando me fixei no paxaro que tiña sobre o dedo, leveime unha sorpresa, era o meu paxariño, un Herrerillo.