SINDROME DE DOWN, UN DURO CAMIÑO

 Aquel ano fora un ano copioso de neves. Eu que son de mar, na miña vida vira nevar tanto. Todo comezou o día anterior en que a última hora da tarde comezaron a caer pequenos flocos de neve. Pola mañá a paisaxe resumíase a un espeso e denso manto de neve que o cubría todo. O meu vehículo aparcado diante da porta do albergue non se vía. Nada se vía. Nin as mesas, nin os bancos, nin a fonte do parque, nin as árbores eran agora visibles.

Resultaba practicamente imposible saír do albergue e menos transitar polo parque ou saír del. Estaba illado. A estampa era idílica vista desde dentro, ao abrigo dos seis radiadores que permanecían acesos día e noite.

Aquel día ningún peregrino achegouse ao albergue, nin sequera a selar a súa credencial. Non se vían pasar peregrinos que pernoitasen en albergues anteriores e que inevitablemente pasaban por diante do meu, nada, non se movían nin os paxaros.

O día convidaba a un bo prato de garavanzos, unha boa fonte de calor e ler un bo libro . Nunca sabía cantos peregrinos tería a xantar ou a cear, pero sempre que facía pucheiros, adoitaba preparar unha boa cantidade, pensando en que sempre habería bocas que alimentar. E crédeme que sempre as había, non lembro tirar comida ao lixo.

Con paciencia fun preparando os ingredientes a horas ben temperás. Gústame cociñar a lume lento.

Sobre as catro ou cinco da tarde soou o teléfono público. Alén unha voz de home preguntaba se estaba a falar co albergue de peregrinos. A súa voz era firme e preocupante. O home foi directamente ao asunto que lle fixo chamarme.

Explícoche rapidamente,- O meu fillo, que é chofer de autobús, saíu esta madrugada de Madrid cunha excursión de mozos con síndrome de Down camiño dos Pireneos a unha estación de esquí e chamoume indicándome que levan bloqueados pola neve preto de Burgos, xa levan moitas horas, parece ser que a Garda Civil non lles deixa mover o vehículo, nin cara a adiante, nin cara atrás.

Fixen varias xestións para conseguir aloxamento por unha noite pero non o consigo, dado á distancia que se atopan da cidade. Estou desesperado e pensei que se cadra eles poderíanse aloxarse no seu albergue esta noite.

Vaia, que fatalidade!! .- exclamei

Proseguín.- Ben, dada a situación especial que me expón, teño que consultar co presidente e a ver que se pode facer. Volva chamarme dentro dun intre.

Chamei ao presidente. O presi díxome.- Queda nas túas mans, Sergio. Tí decides.

Ao intre o home volveu chamar.

Señor, non hai ningún problema en que poidan pasar a noite aquí, temos suficientes prazas para todos. Dígalle ao seu fillo que veñan ata aquí.

O home cambiara a súa voz firme e preocupara por un ton de alivio..era como un uf, que peso quitáchesme de enrriba!! Fartouse de darme agradecementos e colgou.

Pasei o resto da tarde pensando nestes mozos e a mala experiencia que estaban a vivir, metidos hora e horas nun autobús en calquera parte de Burgos baixo o intenso frío polar de estar a oitocentos metros de altitude.

O teléfono volveu soar, esta vez era o chofer. Quería saber onde estaba o albergue, estaba a tentar de convencer aos axentes de tráfico para que os deixasen achegarse o máis posible ata aquí.

Lle dí indicacións e advertinlle que a cousa non estaba nada fácil. Chegar ata aquí ía ser unha ardua tarefa, polo simple feito de que había sobre 70 cm de neve en todo o parque e que se terían que abrir camiño a base pa ou pola contra non poderían chegar. Haberá que tentalo, díxome.

Contoume que levaban case cinco horas metidos no autobús nunha viaxe que adoita tardar hora e media. A verdade e que foi una nevada excepcional que facía cincuenta anos que no caía tanta cantidade. Callou, como din os de Burgos.

Foron pasando as horas e ninguén asomaba polo albergue. Estaba un pouco preocupado, pero pensei que non lles deixaron continuar o traxecto. Fíxose de noite e non había sinais. Sobre as doce da noite, volveu chamar o chofer, para comunicarme o que eu me temía. Non lles deixaban continuar a viaxe, pero que pensaba que chegarían sobre as tres ou catro da madrugada.

A estas alturas, estaba un pouco desconcertado. Preguntábame onde estarían e como estarían, que era o máis importante. Non puiden conciliar o soño e permanecín esperto ata que chegaron.

Ver as caras daqueles mozos era todo un poema. Me compadecín deles e dos seus mozos monitores, que dada a magnitude das circunstancias, tiveran un traballo engadido a esta dura experiencia que seguramente non esquecerán o resto das súas vidas.

Rapidamente e no medio dun gran alboroto, fomos aloxando un a un a aqueles pobres afectados polas desgrazas que a vida nos depara. Moitos deles precisaron medicación para sufocar os arrebatos. Eu estaba sen palabras no medio dun mundo descoñecido e completamente desbordado.

Entre as catro e as catro e media da madrugada deiteime coa tranquilidade daquel pai que sabe que ten aos seus fillos na casa, libres de calquera mal que os poida axexar. Pensei na tranquilidade do pai do chofer, na tranquilidade dos pais destes mozos monitores, na dos pais destes monitores e conciliei o meu soño despois dun intenso día emocional.

Sobre as sete todos levantáronse, a maioría no medio dunha relativa tranquilidade, fóra dun par deles que se puxeron violentos. Ata eu mesmo houbéseme levantado violento se despois de horas interminables nun autobús só me deixásen durmir tres horas.

Como puidemos preparamos algo de almorzar para aqueles vinte ou trinta novos e outra vez a base de pa e de facer un pequeno camiño entre a neve caída durante a noite, así foise evacuando en ringleira a todos ata o autobús para proseguir a viaxe.

Durante o resto do día estiven a pensar en todo o que pasara e cheguei á conclusión de que, o que eu facía como hospitalero voluntario, non era nada comparado con aqueles mozos voluntarios que coidaban a outros mozos tan dificiles, con síndrome de Down e digo difíciles non porque fosen eles así , senón que a tarefa de darlles a medicación adecuada a cada un, a comida, vestilos, asealos, etc asegúrovos que é unha tarefa complicada de levar a cabo.

Isto si que tiña mérito!!!. Non estou moi convencido de se eu mesmo valería para desempeñar esta función humanitaria e altruísta.

Descubrome ante estas persoas que sei que existen, algo raro nos tempos en que vivimos, persoas que dan moito a cambio de non recibir nada.